miércoles, 22 de mayo de 2013

SEGUNDA PROBA DA COPA GALEGA DE CARREIRAS DE MONTAÑA "SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO 2013"

Este pasado Domingo tería lugar en Castro de Escuadro na provincia de Ourense, as segunda proba da Copa Galega de Carreiras de Montaña 2013.
Ata esta localidade me desplazei co meu compañeiro Kike, como únicos representantes do Bestarruza Trinity Trail en esta carreira.
Os únicos representantes do Bestarruza Trinity Trail (Kike e máis eu).
Logo de madrugar moito para chegar co tempo suficiente de retirar o dorsal e quentar un pouquiño as pernas para a carreira, puntualmente as 10:00 comezaba a proba. O percorrido sería circular cun ascenso e descenso, coronando o alto do San Mamede a 1600 metros de altitude.

Momentos previos a saída.
Ao dar a saída como sempre trato de saír forte, aos poucos metros vou detrás de Arca, Expóxito e Elpidio, pero ao chegar ao primeiro cruce collemos a dirección equivocada e case que todo o pelotón nos pasa por diante, polo tanto toca remontar posicións para tratar de coller a cabeza da carreira outra vez.

Comezo da carreira.
 Pouco a pouco vou remontando posicións, pero xa empezo a notar que as pernas non queren ir, a cabeza quere pero as perniñas van por libre no día de hoxe. Pronto me decato que non vou a poder seguir o ritmo de todos estes auténticos cracks, polo tanto busco un ritmo "cómodo",e digo ben entre comillas, porque en ningún momento da carreira me atopei todo o ben que eu quixera.

Remontando para coller a cabeza de carreira logo da equivocación.
Non quero poñer excusas, porque por todos os que corren no monte e sabido que un día malo aparece cando menos o esperas, pero eu sen darme conta penso que estaba a pagar o adestramento da fin de semana anterior en Picos de Europa e a carga extra do ximnasio durante a semana, traballo todo feito con vistas a Travesera, pero o dito non se trata de poñer motivos.
 
Momento de carreira no grupo co amigo Fito do Running sport.
Correndo ao lado de Santalla do equipo Parada do Sil.

Pois nada, unha vez me poño nun ritmo constante trato de mantelo ata o final da carreira, sufrindo moito durante o ascenso ao San Mamede, pero que ao final mereceu a pena para desfrutar dunha estampa insólita no mes de Maio, todo o cume estaba cuberto de neve, e os cinco quilometros que transcorrían pola neve foron a verdade moi divertidos a pesar de todo.

Ascenso ao San Mamede.
Unha vez paro no avituallamiento do alto comeza a baixada, e me marco como meta recuperar algunha posición, porque sei que baixando sempre o fago mellor que subindo. Pero hoxe non é un deses días nos que na baixada recupero posicións, apenas son quen de adiantar a tres corredores.

Chegando ao derradeiro Avituallamento.
Unha vez feito o descenso dende o alto do monte ven una tramo de sube e baixas ata chegar a meta, e pouco máis podo facer que arrastrar os pes. Bueno e xa para colmo, no derradeiro cruce me trabuco de camiño e dou un pequeno rodeo, volvo a tomar contacto cos corredores que ian diante de min, pero como sei que non collín o camiño axeitado os deixo pasar diante para manter as posicións nas que estábamos, o corredor que viña detrás de min de todas formas non me ia dar alcance, polo tanto este erro non modificou a clasificación. A pesar de todo ao entrar en meta lle comento o detalle a organización e aos xuizes da federación decindolles que tomen as medidas oportunas polo erro cometido (non quero eu quedar como un tramposo, porque non o son), e agardo tamén polo corredor que viña tras de min para explicarlle o detalle.
Logo de todas estas historias me planto en meta no posto 20º cun tempo de 2:28:34, non foi a miña mellor carreira, de feito ata a data foi a peor, pero bueno o pasei de carallo rodeado de bos compañeir@s de monte, e seguín sumando desnivel para o reto do ano.

Entrada en Meta.

Por outra banda quero felicitar ao Clube de Atletismo Maceda pola organización e a todas as persoas que colaboraron. A proba estivo moi ben, e o recorrido a min particularmente me gustou moito, polo que en 2014 espero repetir. Tamén dar a grazas especialmente Tuchi Fernández e Blas Rodriguez polas súas fotos, pero tamén a esa xente que non coñezo e llas pasou a xente do Clube de Atletismo de Maceda na súa páxina de Facebook.

FOTOS VARIAS DA CARREIRA



 







Saúdos a tod@s.

4 comentarios:

  1. Grazas Antón. Non se trata de facerse grande, eu trato de ser honesto como me gustaría que o fosen conmigo. Unha aperta forte.

    ResponderEliminar
  2. Rubén, Llevas poco corriendo por montaña y todavía estas en proceso de aprendizaje, aún con todo salvaste un mal día con un resultado bastante digno.

    Ahora recupera bien y llena los depósitos a tope, porque la travesera este año se presenta muy, pero que muy complicada (hay muchísima nieve arriba).

    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias por tu comentario Ochobre 34.La verdad que noté mucho la falta de velocidad en las piernas,pero es que entrenar la velocidad para la Travesera no tendría mucho sentido. La Travesera además de ser dura va a ser épica por lo que comentas de la nieve. Estuve el pasado mes y en el Jou Grande ya había mucha nieve, pero ahora creo que supera por mucho la cantidad que había.

      Un saludo

      Eliminar