martes, 28 de mayo de 2013

DESCUBRINDO A UN GRANDE."FERNANDO ARCA CASAL"

Aínda non fai un ano que comezou a miña andanza neste mundo das carreiras de montaña, pero non hai que ser moi avispado para decatarse de que en Galicia temos un dos mellores corredores a nivel nacional.
Foi no meu debut na carreira "Km29 Vila de as Pontes" donde por primeira vez coincidín na línea de saída co que para min é a día de hoxe o mellor dos nosos corredores de montaña, Fernando Arca Casal.

Fernado Arca no Km 29 Vila Das Pontes 2012.
 Non quero menospreciar a outros moitos grandes corredores, porque aquí en Galicia temos moitos e moi bos, pero Fernando cada día que pasa non deixa de sorprendernos.
Nunha primeira ollada ti o ves e él é un rapaz como outro calquera, un tipo con cara simpática e que non se da ningunha importancia, máis ben todo o contrario trata de pasar desapercibido.É amable no trato, e si lle preguntas calquera cousa non ten o máis mínimo reparo e darche bos consellos, sobretoto de moita utilidade para os que estamos empezando. 
Arca desfrutando na carreira do Alto sil 2013.
Pero é no momento de poñerse a correr cando todos vemos ao Fernando corredor, un loitador incansable, sufridor ata o final e unha vez en carreira fai trizas aos seus contrincantes, sobretodo nesas baixadas técnicas, donde Arca marca moito as diferencias.

Monte Xalo 2013.
Pois como dicía antes, foi na Vila das Pontes onde coñecín a este verdadeiro artista, evidentemente só lle vin as cara na saída, o tipo iba como un tiro, eu ao rematar por curiosidade preguntei quen gañara a carreira, e me dixeron Arca, eu novato no mundillo, nin idea de quen era, pero aos poucos días podo ver un vídeo montaxe da carreira, e en tan só un segundo xa ves que este home está feito de outra pasta. O vídeo mostra o paso dos corredores por un punto de avituallamiento, donde todos paran a comer/beber e coller aire, pois él no, él segue cara adiante e pasa cun sorriso de orella a orella saudando a xente, a min este xesto xa me indicou moitas cousas.
Logo das pontes a segunda carreira e o maratón máis popular de Galicia "Penedos do Lobo", pois aquí outra sorpresa máis. Foi unha carreira dura, por recorrido e a calor que facía, e a este home se lle xuntaron os problemas pois toda a carreira foi moi mal do estómago, pero a pesar de todo gañou a carreira con solvencia. Logo viñeron Triacastela, o Alto Sil en León, Montes de Viveiro, Monte Xalo e a San Mamede, e en todas estas probas ahí estaba él sempre nos postos de podium.

Entrando en meta en Penedos do Lobo 2012.
Así ata o día de hoxe,podería contar máis cousas sobre este artista, pero non quero facer unha redacción de carreiras, a miña intención e simplemente facer mención de un home que coma ti e coma min, ten un traballo normal, unha vida normal, non ten adestrador,nin fisios ou recuperadores para él só, nin tampouco está patrocinado por ningunha gran marca. 

Podium no Alto Sil 2011 con Miguel Heras e Iker Karrera.
O caso é que él compite con xente de clase mundial e está a súa altura, de feito esta fin de semana en Zegama quedou demostrado que aos seus,penso que 42 anos, da a talla con xente moito máis nova que non son quen de sacarlle as cores a este crack das carreiras de montaña, e quedou no posto 12º da xeral a tan só 27 minutos do número un do mundo Kilian Jornet. ¿Qué sería de este home se comezara máis novo a correr en montaña?, quen o sabe, eu penso que sería un referente a nivel mundial, porque está feito de boa madeira, madeira galega de pura cepa.
Uns admiran a Kilian, Krupicka, Miguel Heras, Iker Karrera, e moitos máis corredores de talla mundial. Pois eu me quedo con un galego dos de toda a vida, un tipo simpático ao que admiro moito, e co que espero comaprtir moitas carreiras ao longo dos anos,¡Grande Fernando Arca!.
                                                               
Na cara de Alfredo Gil se pode ver o grande compañeiro que é Fernando.
Alto Sil 2013 con Arca.

7 comentarios:

  1. Si señor, o traballo de xente como Arca, o seu día a día, fai que este deporte teña sentido.
    Aparte de ser moi boa referecia pra aprender carreira tras carreira.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tratarei de aprender todo o que poida, para min é un referente. Se pode ter a outros, pero este fenómeno o teño ao lado da casa e o vexo competir carreira tras carreiras, e é ahí donde realmente se poden tomar apuntes dos bos, sobretodo para os que estamos comezanzo con isto.

      Saúdos Antón

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Non ves Juan Carlos, estes pequenos detalles son os que o fan máis grande aínda.

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias Rubeń por estos pensamentos sobre Fernando Arca ,unha persona e un atleta que nos conquistou os/as amantes das carreiras de montaña que non son o mismo cando el non está
    Por certo teremos que imprimirlle o teu artículo porque non hai maneira de facelo meter nas novas tecnoloxias .Non iba a ser perfecto je je

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi boas Leonor, tes razón non ia ser perfecto. Realmente a min me ten alucinado este Fernando, é moito. Non é obligación que o lea, eu o escribín porque así o sinto, e como o noso deporte non ten tanta prensa como outros, pois alguen ten que facer chegar a xente as andanzas de este fenómeno das carreiras.
      Un saúdo e nos vemos no monte.

      Eliminar
  5. En este mundo hay gente muy muy amable y cercana , peroel gran ARCA , el que más

    ResponderEliminar