lunes, 8 de abril de 2013

Primeira proba da Copa Galega de Carreiras de Montaña (III Carreira de Montaña "Montes de Viveiro").

Este pasado Domingo comezaba de forma oficial a Copa Galega de Carreiras de Montaña na vila mariñeira de Viveiro, ca terceira edición da carreira coñecida como "Montes de Viveiro".
A carreira consinstía nun recorrido de 40 quilómetros cun desnivel acumulado de casi 4000 metros, e dicir cun positivo moi cerca dos 2000 metros. Esta carreira foi o meu debut oficial na Copa Galega, o cal me facía especial ilusión.
O día comeza con auga e algo de frío, pero nada que nos impedira poder desfrutar/sufrir a carreira. Puntualmente as 08:30 nos poñemos a andar, e alá imos 117 corredores que trataremos de facelo o mellor posible cada un na súa propia batalla persoal. Nun principio arranco entre os dez primeiros calsificados, e vou pelexando con diferentes corredores durante moita parte da carreira por tratar de manter esta posición. A carreira vai avanzando e xa nos encontramos ao principio ca primeira subida dura do recorrido, un cortalume de pedras e terra que a verdade era bastante duro.

Subindo o primeiro cortalume.
 Ao chegar arriba sigo mantendo a décima posición, logo toca unha pequena baixada e outra vez cara arriba. A carreira vai avanzando e aos nove quilómetros aproximadamente comeza a primeira baixada importante da carreira. É aquí donde eu realmente me atopo máis cómodo, e aproveito esta baixada para tratar de poñer algo de terra de por medio con repecto a algúns dos corredores que veñen tras de min. Ao chegar a Feira de Galdo me manteño na undécima posición, no avituallamento me paro a comer e beber e me pasan doús corredores, pero eu non lle dou importancia, eu estou aquí para tratar de facer a miña carreira. Repoño forzas e me dispoña a tratar de darlles caza, aos poucos quilómetros tomo contacto visual con eles, pero manteño a distancia para non cebarme moito aumentando o ritmo. Aos poucos comeza unha subida polo medio das árborescara a Capela do Monte Castelo, neste punto me xunto con eles e subimos xuntos con outro corredor que nos deu caza. Vamos nun ritmo cómodo pero bastante rápido, polo menos para a miña condición de mal subidor que me considero. Chegamos xuntos a parte máis alta, donde está un novo avituallamiento para repoñer forzas.
Acto seguido comeza a baixada ao Val do Naseiro. Esta foi a baixada de toda a carreira da que máis disfrutei, polo bonita, técnica e rápida que era.

Baixada das cruces.
Consigo marcar algo de diferencia co grupo de corredores que viñan detrás, e ata o novo avituallamento do Val do Naseiro vou en compaña de Quintás. Levamos un ritmo vivo e imos falando un pouco de todo en xeral, grata compaña a de Quintás. Nos plantamos no avituallamento do quilómetro 25/26 aproximadamente en novena e décima posición respectivamente. Mentras estamos comendo e bebendo para repoñer forzas, nos dan caza un grupo de catro corredores. Logo de avituallar nos poñes de novo a faena e saío unha vez máis en compaña de Iván Brea do Ártabro de Coruña, como en outra carreiras que xa compartimos.

Km 25 aproximadamente.
 Se repite a historia da carreira do Alto Sil, con mesmo resultado. Comezamos a subir buscando chegar ao alto da Fontecova, imos xuntos Iván Brea, Eleuterio e máis eu, e a verdade para min como sempre foi moi grato correr con eles, sobretodo porque sempre aprendes cousas desta xente que leva xa moitas carreiras ao lombo. Eleuterio axudoume moito ao irme comentando como era o recorrido que nos quedaba por diante, porque como era a miña primeira carreira en Viveiro eu descoñecía por completo o percorrido da proba. Iván como sempre, moi pero que moi forte subindo. Fumos falando un bo rato con él, pero tan pronto a subida se comezaba a poñer máis dura pegou un hachazo definitivo que nín eleuterio nin eu fumos capaces de seguir, moi grande Iván unha vez máis, foi un gusto competir unha vez máis ao seu lado, e que sexan moitas máis.
Seguimos Eleuterio e máis eu nun toma e daca alternando posicións, pero pasados uns quilómetros nos dan caza outros dous corredores, eu só coñecia a Celso do equipo de Parada do Sil, porque fun parte da carreira ao principio con él, ao outro corredor non o coñecía.
Pois o dito, Celso se vai parcticamente en solitario no ascenso que nos leva ao alto do Penedo do Galo, e Eleuterio, o outro corredor e máis eu imos pelexando por conservar a posición úndécima na clasificación xeral. Chega un punto no que se me escapana ambos corredores, pero eu me mentalizo e me aguanto no posto trece. Sigo ascendendo pouco a pouco, ata que nun momento dado son capaz de coller a Eleuterio, unha vez que o collo me ben un deses momentos nos que che parece que estas moito máis forte que o teu rival, e así é, chego diante de él ao alto do Penedo do Galo cunha diferencia de uns seiscentos metros aproximadamente.

Alto do Penedo do Galo.
Tomo un gel, bebo auga e veña lanzado costa abaixo durante catro quilómetros cara a meta. Os meus obxectivos son dous, que Eleuterio non me colla, e tratar de coller ao corredor que vai no posto 11. Según vai avanzando a baixada comezo a notar que os meus cuádriceps van moi xustos de forza, polo tanto me quito da cabeza a idea de dar caza ao que vai por diante, pero si que manteño un ritmo o suficientemente alto para que non me colla Eleuterio.
Finalmente me planto en meta no posto 12º da clasificación xeral cun tempo de 4:03:13.

Entrando en meta no posto 12º da primeira proba da Copa Galega de Carreiras de montaña. 
(Foto cortesía de Tuchi Fernández).
Realmente estou moi contento ca carreira que fixen, iso si entre o barro acumulado, a choiva, o frío e o desnivel a carreira foi moi dura, pero está claro que xa é sabido por todos que si vas as carreiras a tratar de competir, sempre toca sufrir.

Agradecer unha vez maís a Tuchi Fernández a foto enviada, e as que sei que quedan por chegar.