jueves, 20 de junio de 2013

X TRAVESERA INTEGRAL PICOS DE EUROPA,¡TA FECHA...!

Foi alá polo mes de Febreiro cando me decidín a apuntarme a nai de todas as carreiras ultras de montaña do panorama nacional. Eu nun principio pensaba en apuntarme a irmán pequena da Travesera, a Traveserina, pero un tal Vavi me convenceu para que me apuntara a grande, e así foi, a verdade que non lle costou moito convencerme.
Unha vez tomada a decisión tocaba plantexarse os adestramentos e carreiras a seleccionar con vistas a este reto de grande magnitude. Semana tras semana, quilómetro tras quilómetro, desnivel tras desnivel, a miña única meta era chegar ao 15 de Xunio ca preparación suficiente para tentar de superar o recorrido que se fai atravesando os tres macizos dos Picos de Europa.
E chegou o 15 de Xunio e as 00:00 horas comeza a X Travesera saindo dende o Repelao co primeiro obxectivo de chegar a Vega de Enol.

Momentos previos a saída no repelao cos compañeiro de aventura.
A carreira discurre por un camiño cheo de lama e pedras, que nos primeiros quilómetros é un auténtico tapón, e apenas se pode avanzar, pero a medida que avanza a carreira se vai despexando o camiño e xa podo ir subindo nun ritmo cómodo. Cumplo a miña primeira pequena meta e chego aos lagos, a verdade que moi ben de forzas e moi animado. Agora toca afrontar un recorrido que se vai a facer perigoso pola cantidade de neve acumulada e pola dificultade de correr pola noite, pero entre cella e cella só podo pensar en chegar a iso das 6:00 horas a Caín. A tarefa non vai a ser nada doada, pois os once quilómetros dende a Vega de Enol ata o Jou Santo van a ser duros. Finalmente cumplo o meu obxectivo e me palnto en Caín as 6 da mañá. Toca repoñer forzas comendo e bebendo, e encher de novo os meus botellíns e a mamona. Ata este punto vin en compaña do meu compañeiro de equipo Javier Fontela, pero me faltan os outros compis,Kike e Vavi, facemos o tempo para esperar por eles para así poder comezar a subir Dobresengos os catro xuntos. Finalmente aparece Vavi, entón xa tomamos a decisión de esperar por él, Kike non aparece e xa empezamos a notar o frío, e non é boa cousa enfriarse para afrontar a subida que nos espera. Finalmente comezamos a subida cara a Horcada de Caín por Dobresengos as 6:35 e con nós ven Joaquín, un rapaz de Verín co que a verdade fixemos moi boas migas e finalmente podemos decir que foi como un membro máis da nosa aventura.

Baixando cara o Jou Grande Cimero.
A subida cara a Horcada de Caín por Dobresengos é a máis longa de toda a carreira, pero con pasos de formiga constante non plantamos cun bo tempo arriba, donde aproveitamos para sacar unha foto co Urriellu as nosas costas.
Chegando cos compañeiros de fatiga a Horcada de Caín.

Foto obrigada co Urriellu as costas na Horcada de Caín.
O seguinte paso a dar e chegar ao refuxio de Urriellu, e foi nesta baixada donde mellor o pasei en toda a carreira, a neve está perfecta para baixar a un ritmo alto, e imos intercalando tramos de correr, con outros de deslizarse pola neve para non gastar moita enerxía,¡o pasamos de carallo...!.

Ahí vamos desfrutando da baixada cara o refuxio de Urriellu.
Xa no avituallamento do refuxio de Urriellu toca outra vez repoñer forzas comendo e bebendo, e repoñer líquidos nas nosas botellas. Logo de parar un tempo nos dispoñemos a baixar un pouco para afrontar a subida cara a Collada Bonita, e a verdade que a pesar de ser dura a desfrutei moito, a maior parte do recorrido está chea de neve e isto facilita o ascenso, porque hai escalóns feitos que nos fan avanzar comodamente. Unha vez facemos cume as vistas son impresionantes dende este punto, e por cousas como este momento merece moito a pena correr esta carreira. Pero xa é hora de comezar a baixar cara as Vegas de Sotres. Vou moi ben de forzas e baixando me atopo cómodo en todo momento, de feito tomo algo de distancia cos meus compis de carreira e chego as Vegas moi ben de ánimo e de forza.

Chegando as Vegas de Sotres.
Alí nos está esperando Susana a muller de Vavi, que foi a nosa mellor aliada, xa que nos axudou co cambio de dorsal e demáis cousas para afrontar a que para min ia ser a peor parte da carreira,¡o inferno de Jidiellu!.aquí non foron todo boas noticias, nos enteramos de que o noso compi Kike tivo que abandoar en Caín por culpa duns problemas nun xeonllo, unha auténtica pena, porque eu sei que tería rematado a proba se non fose por este contratempo, pero bueno haberá máis edicións de esta carreira para acompañalo e que a remate.
 Xa repostas as forzas en Sotres toca afrontar unha subida mortal ata o alto de Valdominguero. Jidiellu é unha subida por rocas calizas fragmentadas, por donde non hai camiño, e por momentos das un paso e retrocedes dous, pero a min me da igual, baixo a cabeza e comezo a subir pouco a pouco, en ningún momento me veñen pensamentos negativos, estou sufrindo físicamente pero convencido de que podo superar esta ascensión.
Rematando Jidiellu.
Logo de un par de pequenas paradas para beber e comer, toca afrontar os últimos 400 metros de desnivel, que están completamente cuberto dunha capa gorda de neve. É no preciso momento no que comezo a pisar a neve, cando o meu organismo cambia por completo, parece que me inxectaron un chute de enerxía, e na miña cabeza xa só teño un pensamento, a carreira está feita, a penas me quedan 22 quilómetros cara a meta e a maior parte en baixada. No cume de Valdominguero me esperan uns amigos do clube de montaña Bestarruza do que son membro. Teñen unha bolsa con albaricoques, que a min nese momento me saben a gloria, e ademáis os seus ánimos fan máis forte a miña convicción de que a carreira vou a ser capaz de rematala.
Coroando o alto de Valdominguero.
Unha vez de comer e falar uns segundos con eles me dispoño a baixar xunto con Joaquín cara o Jitu de Escarandi, que será o seguinte punto de control. Vavi e Javi se quedaron rezagados na última subida, pero sei que o van a conseguir e polo tanto me lanzo cara abaixo. Joaquín e máis eu imos alternado correr con camiñar na baixada, e eu chega un punto no que me dou conta que levo forza de sobras para rematar a carreira máis enteiro do que me esperaba. Chegamos ao Jitu de Escarandi, e neste avituallamiento paramos apenas un par de minutos. Alí estaba outra vez Susana que nos pregunta por Vavi e máis por Javi, eu lle digo que vimos separados deles, pero que non se preocupe que veñen ahí.

14 quilómetros cara a meta é o que nos queda dende o Jitu de Escarandi.
Xa nos toca afrontar ou derradeiros 14 quilómetros que nos levan a gloria na meta de Arenas de Cabrales. Comezamos a baixar a un bo ritmo, e o recorrido é unha alternancia de baixadas e unha derradeira subida para logo afrontar a baixada pola calzada romana do Caoru, que todo o mundo nos avisa de que é moi perigosa polo que esvaran as pedras que a forman. Aos poucos metros de comezar a baixada pois o esperada, rodilla ao chan e me pego un bo golpe, pero escoitar a megafonía en Arenas de Cabrales me da alas, me levando, me esqunzo do golpe, e pese ao perigosa baixo moi rápido. Pouco a pouco me vou distanciando de Joaquín, que non quere arriscar na baixada, pero eu como son un cabra fago caso omiso do que me di a xente e tiro forte cara abaixo. Unha vez xa na entrada en Arenas de Cabrales, tocan máis ou menos un par de quilómetros de asfalto para chegar a meta, e nada máis saio do monte diviso a un corredor que na baixada se foi moi rápido do grupo co que eu baixaba. Xa é defecto do animal, ao ver ao rapaz este diante de min, a miña cabeza empeza a pensar en pasarlle, e alá vou, aínda a día de hoxe non sei de donde me saíu a forza, pero os ultimos 1500 metros os fixen moi pero moi rápidos, e cando apenas quedan 500 metros para entrar na meta lle paso con moita forza e cos ánimos da xente vou en volandas ata a meta donde estro case que a sprint bicando as letras das miñas dúas pequechas que me acompañaron durante toda a carreira para que me desen forza.

Desfrutando da entrada en meta e lembrandome das miñas pequechas que quedaron na casa.
Por fin a Travesera ¡TA FECHA...!, aínda non son capaz de asimilar o que acababa de facer, pero tras 19 horas 48 minutos e 15 segundos de carreira a miña cara de satisfacción é máxima. Recibo felicitacións de amigos que estaban na meta agardando a miña chegada, pero eu agora mesmo só quero saber que tal veñen Vavi e Javi. Pasados 45 minutos nos enteramos de que Vavi está a chegar, pero que Javi tivo que abandoar a apenas 2 quilómetros de meta, viña con unhas feridas nas ingles que xa non lle deixaban casi nin camiñar, a verdade que foi un auténtico loitador ata o final, porque moitos en ese estado terían abandoado xa había moito tempo, de todas formas para min é como si rematara esta carreira.
Pasado este mal trago xa vexo chegar a Vavi, e vou correndo cara a línea de meta para abrazarme con él, porque de todos nós se alguen merecía rematar esta carreira era él, e a cuarta foi a vencida, ao abrazalo se me poñía e pel de galiña, e poder decir con él ao mesmo tempo as míticas palabras de ¡TA FECHA...!, e algo que me vai a quedar na memoria para sempre.

Abrazo moi significativo con Vavi.
Estou escribindo esta nova entrada no meu blog pasados tres días da carreira, e aínda estou que non o creo. A verdade que é moi complicado expresar con palabras as sensacións de rematar o que para moitos é unha das carreiras máis duras de montaña do mundo (esto é opinable sempre), eu non estiven en moitas, de feito non levo nin un ano correndo este tipo de carreiras, pero cruzar os tres macizos dos Picos de Europa, por donde non hai camiños practicamente, é un reto complicado.

Creo que as nosas caras son un fiel reflexo do que significa rematar esta carreira de carreiras.
Xa vou cerrando esta entrada, e chega o momento dos agradecementos:

- En primeiro lugar superar este reto non sería posible sin a colaboración da miña parella, por iso ¡moitas grazas Paula!. Moitas grazas por axudarme en todo e máis, roubandoche moito tempo a ti e as nosas pequenas para adestrar e ir as carreiras. Esta victoria persoal miña é tamén vosa, vos quero moito.

- Vavi, que decir, me vou a repetir, pero non me importa. Mil grazas por convencerme para facer esta carreira, axudarme de forma incondicional informándome de toda canta cousa me faría falta para facer esta carreira. Ademáis de darme a coñecer estas montañas e desfrutar contigo e con Alberto do mellor adestramento da miña vida nesa saída que fixemos a Caín para preparar esta carreira. Grazas tamén por ser como eres, un tío claro e legal. Sei que vou a ter un compañeiro de montaña para toda a vida.

- Susana, que dicir de ti. Pois outro tanto como Vavi, un placer desfrutar de estas aventuras contigo, de facernos todo máis fácil na organización do material para a carreira, e simplemente ver a túa cara de satisfacción por vernos chegar a Arenas, xa mereceu a pena rematar a carreira.

- Tod@s @s amig@s da pandilla de Vavi e Susana, moitas grazas de corazón por acollerme tan ben, me fixechedes desfrutar moito este fin de semana. Quero facer unha pequena mención especial a Alberto, porque ademáis de animar, tamén foi compañeiro en moitos adestramentos e moitas carreiras este ano,¡Alberto grazas...!.

- A Víctor e Eugenia, a Kike e Almudena, Javichín, Vicky, grazas por animar e pola vosa compaña. Victor e Javichín grandes correndo e rematando a Traveserina, e Kike foi unha pena a lesión, pero haberá que voltar para que remates a Travesera.

- Me quedan un par de amigos do Barco de Valdeorras. Tuchi e Adolfo, non me canso de agradecer o voso apoio, e esas fotos que sei que me faredes chegar. Estivechedes animándome na saída, a miña chegada en Caín, nas Vegas de Sotres e finalmente na meta. O tute que vós metíchedes foi moi grande, e por iso teño moitos motivos para confirmar que sodes moi boa xente.

Os gañadores desta proba foron Iker Karrera en categoría masculina cun tempo de 11:02:49, e Uxue Fraile cun tempo de 15:13:07, e como non unha vez de felicitalos pois unha foto recordo con este par de grandes deportistas de montaña.

Con Uxue.
Con Iker.