miércoles, 14 de mayo de 2014

VIII CARREIRA CANÓNS DO SIL.

Por segundo ano consecutivo me desplazo a Parada do Sil para desputar unha das dúas probas de carreiras de montaña máis duras de Galicia.

Este ano Parada do Sil non entraba no calendario de Copa de España, pero si era puntuable para a Copa Galega, sendo a segunda das catro que a compeñen neste 2014.

Perfil da carreira.
A viaxe comeza o Sábado dende Betanzos, donde me atopo con Martín Lestón e Fernando Cancelo, dous colegas corredores de A Coruña. A viaxe ata Parada é moi amena, tanto Martín como eu somos faladores de carallo, e Cancelo sempre nos aportou consellos da súa dilatada experiencia nas carreiras de montaña.

Unha vez en Parada nos atopamos cos compañeiros Luis Calvo e Yago Abeledo, outro par de moi bos corredores. Logo dunha boa e entretida cea nun restaurante ao lado mesmo de donde se tomará a saída da carreira ao día seguinte.

Toca ir a durmir, aínda que como é xa habitual en min sei que me vai tocar máis descansar que durmir, os víspera das carreiras sempre me pasa o mesmo, non son quen de conciliar o sono.

Puntualmente as 6:30 da mañá toca o despertador e hai que levantarse para comer en condicións antes da dura carreira que nos espera. Xa ca barriga chea, vestidos para a ocasión e ca casa onde durmimos recollida, collemos os coches e imos cara Parada para tomar o café de rigor e mover as pernas un pouco.

Como sempre antes das carreiras imos saudando aos amigos corredores e falando das nosas cousas, e xa sen tempo a máis comenza a dura carreira de 33 Km e 2200 metros de desnivel positivo.

Momento da Saída.
Como sempre fago comezo forte a correr e me poño nun grupo encabezado por Fernando Arca, Elpidio, Fernando Cancelo e xa na cuarta posición imos Manuel Casado e máis eu.
 Os primeiro 4 km son en baixada, donde eu trato de aproveitar para abrir algo de distancia cos meus perseguidores, que de boa tinta sei que son mellores subindo ca min. O dito unha vez comeza a primeira subida pouco a pouco me colle Manuel Casado, pero eu que son teimudo, trato de no despegarme de él para que non me leve moita vantaxe.

Chegando ao primeiro control.
Uns kilómetros máis adiante nos da caza o amigo Luis Calvo que sube como un avión, e xa donde comeza a parte máis dura da primeira subida pasan por diante Ramón do Running Sport e Adrián do equipo de Parada do Sil. Eu vou centrado na miña carreira e non me cebo no ritmo, trato de seguir forte detrás de eles, para así tentar de darlles caza na primeira baixada. Manuel Casado e máis eu chegamos xuntos ao control da primeira cima dura da carreira, eu gasto algo máis de tempo no avituallamento e Casado casi nin para.

Subida ao segundo control de carreira.
Toca un pequeno tramo e sube e baixa, e xa a partir do km 9 comeza unha baixada de 5 km ata o seguinte punto de control. Nesta baixada engancho con Casado, que non se atopa moi ben na baixada e me deixa pasar porque vou un pouco máis rápido que él. Xa case chegando ao 3º control do km 13 engancho con Ramón e Adrián, eu outra vez se repite a mesma historia, comenza un tramo de continua ascensión que remata coronando o alto de Cabeza de Meda, que é o punto máis elevado da carreira con 1316 metros de altitude.

Chegando ao terceiro control no kilómetro 13.
Durante esta subida en todo momento teño contacto visual con Ramón e Adrián, o que me motiva a seguir con forza. Ao longo do ascenso ata chegar a base de Cabeza de Meda, as miñas sensacións son boas en todo momento, vou sufrindo pero me atopo con forzas, cousa que o ano pasado non foi así.

Dirección a Cabeza de Meda.
Chega a parte máis dúra da carreira, o calor apreta e hai que coroar Cabeza de Meda. A miña motivación cambia ao coller contacto visual con Ramón e Adrián, e para a miña sorpresa tamén con Fernando Cancelo que vai por diante de eles. Collo un ritmo cómodo, e tiro con forza cara arriba, de cando en cando miro cara atrás e vexo que non teño perseguidores, co cal o meu obxectivo é chegar rápido arriba e tratar de apretar na baixada cara Santa Cristina. Xa no alto de Cabeza de Meda vexo outra vez a Ramón, Cancelo e Adrián, e agora toca apretar para intentar dar caza aos que van diante de min. Pouco a pouco vou baixando a bo ritmo, pero conservando algo de forza porque sei que logo dos 8 kilómetros de baixada veñen tres kilómetros de subida cara a meta que sei que serán decisivos. A metade de baixada enlazo con Fernando Cancelo que vai bastante tocado, lle pregunto que tal vai e él mesmo xa me manda irme que non ten as pernas para moita guerra, a semana anteriro na Copa de España nunha carreira dura lle estaba a pasar factura. Sigo apretando cara abaixo, e xusto antes de comenzar a subida a meta collo a Ramón. Sei que si quero adiantarlle teño que ser forte na subida, pois él subindo e moito mellor ca min. Sigo a súa estela e pouco a pouco vou vendo que está menos forte ca min, entón cando chega un tramo de subida donde se pode correr algo lanzo o meu ataque. Ramón inicia conmigo a carreira pero pouco a pouco vexo que me despego de él e non é quen de segurime. Unha vez vexo que me vou en solitario intento apretar un pouco máis para así ver se son capaz de coller a Adrián pero esto xa non é posible me leva unha vantaxe de 3 minutos que serán insalvables. Como vexo que non o vou a coller me marco un pequeno obxectivo, baixar das 3:40 horas, xa que o ano pasado fixen un tempo de 3:54. Apreto dentes e a tirar forte para arriba, e logo do esforzo chega a recompensa facendo un quino posto cun tempo de 3:34 horas.

Entrada en meta 5ª posición en 3:34 horas.
Sei que non fixen podium, nin estiven preto del, pero para min esta carreira foi unha victoria absoluta. Sei que esta carreira é moi dura, e baixar 20 minutos con respeto a marca do ano anterior a min se me antoxa coma un moi bo resultado, e o sorriso da miña cara me delata bastante a pesar de estar agotado.

Destacar que o gañador foi Elpidio, seguido de Arca que sufríu moito os kilómetros finais por ter quedado sen geles practicamente dende o kilómetro 22, e facendose co terceiro posto Luis Calvo. En muller a gañadora foi Sonia Botana, que a vez sería a única muller que correru a proba.

Para rematar logo da pertinente ducha, ver a entrega de trofeos e charlar un pouco cos amigos, pois toca ir a comer en compaña de Fernando Cancelo, Martín Lestón, Yago Abeledo, Richi e máis Fernando Arca. No Valilongo nos pegamos unha comilona como Romanos, e o máis importante de todo foi botar unhas boas risas en moi bo compaña.

Está claro que o meu resultado me deixou contento, pero o mellor de todas estas carreiras e compartir momentos tan bos cos meus compañeiros de equipo e con todos os amigos que vou atopando polo camiño.

domingo, 23 de marzo de 2014

ALTO SIL 2014,¡UN GUSTO VOLVER...!

Un ano máis, e xa van dous, nos platamos en Santa Cruz do Sil varios membros do noso equipo para correr unha carreira, que para min ten un encanto especial.

Esta carreira, non é Copa do mundo, nin transcorre por ningunha das famosas montañas da orografía da península. O encanto de esta carreira reside na súa organización, nas súas xentes e no ambiente que se respira en este pobo do Bierzo, donde dende o primeiro ao último corred@r som@s tod@s moi ben acollid@s, como si estivesemos na nosa casa.

Falando xa da carreira se pode decir que a miña sensación particular foi agridoce. Este ano fun a carreira con menos volumen de adestramento do que eu quixera, pero tamén sei que este ano vai a costar moito máis sacar as carreiras adiante con bos resultados, un ten a vida que ten e iso non se pode cambiar.

Con moita puntualidade o amigo Lolo Díez da a saída a edición 2014 de Alto Sil. Eu como sempre trato de arrancar forte no grupo dos 20 primeiros. A carreira comeza para arriba, cun ascenso duns 3 Km aproximados ata o Alto da Chañada, en principio me atopo ben, pero pouco a pouco vou perdendo forza na subida e teño que baixar un pouco o ritmo, xa me dou conta de que hoxe as pernas para arriba lles vai a costar un mundo. Con todo isto me planto no alto da Chañada máis ou menos rápido.

Agora tocará probar como van as pernas para abaixo, afrontamos unha baixada que é moi rápida e sobretodo bastante pendente. Eu como sempre me tiro cara abaixo con confianza e ahí si que me responden as pernas, e como era de esperar adianto a moitos corredores. Unha vez abaixo e xa sin tregua afrontamos o MURO, unha costa de 400m de desnivel en un km de distancia. Collo un ritmo constante e tiro para arriba, pero outra vez a mesma sensación, me vexo floxo subindo e me pasan alguns dos corredores aos que adiantei. O máis sorprendente de todo e ver como me pasa Ana Conde (unha corredora que non coñecía), pero que está claro que non é unha calquera, e unha campeonísma (espero que unha gran marca patrocine a esta rapaza, porque é un diamente en bruto).

Subindo "El Muro" con Salva Calvo.
 Bueno voltando a carreira, chegamos ao alto do MURO, chego ao lado de Samuel Obaya, repoñemos forzas no avituallamento e xa nos tiramos cara abaixo en dirección Páramo. Ao pouco tempo nos dan caza Salva Calvo, un grande de este deporte, a a que vai a ser unha das máis grandes, Leire Fernández Abete (lembrade este nome amigos). Con este grupo de corredores chego a Páramo.

Chegando a Páramo con Leire e Samuel.
 No avituallamento eu paro un pouco máis que Leire e Samuel, eles se van indo, eu me quedo en compañía de Salva Calvo, e comezamos a ascensión cara o alto da Campona xuntos. Mentres o terreo é corrible, imos falando, eu lle pregunto polos seus retos (que me parecen increibles), e él moi amablemente me vai comentando como vai a súa tempada.

Ascenso cara a Campona en compañía do gran Salvador Calvo.
Cando a ascensión se fai máis pendente, como Salva leva mellores pernas que eu, pois se me vai alonxando pouco a pouco, eu como sei que hoxe subindo toca sufrir pois vou pouco a pouco, alternado correr con camiñar. Vou parcticamente en solitario ata que chegamos a zona da neve, xa casi no alto da Campona collo a algúns corredores. Chegando ao avituallamento non queda outra que sacar forza de donde sexa, porque a xente nos anima moito, polo tanto apreto un pouco máis. A verdade é de agradecer como a xente se volca nesta carreira con cada corredor. No punto de control toca comer algo e beber, e xa disposto a baixar cara o pobo de Primout tan rápido como poida.

Entrando no pobo de Primout.
Nesta baixada se repite a tónica da anterior, volto a adiantar a varios corredores que me pasaron na subida. Chego a Primout bastante desgastado, e no avituallamento e punto de control gasto algo de tempo en beber e comer, para saír en dirección ao Pico Negro pola marxe dereita do río.
Logo de comer e beber, collo un ritmo penso que bastante vivo par as alturas de carreira nas que estamos, e trato de chegar o máis rápido posible a Braña de Santa Cruz que está a 5 Km aproximadamente.

Saudando a amiga Leonor logo de cruzar o río na braña de Santa Cruz.
 Chegamos a Braña, e agora toca afrontar o máis duro da carreira, a subida ao Pico Negro. Fai bastante calor e o corpo xa vai desgastado, pero en principio comezo a subida con forza, pero pouco a pouco vou a menos e teño que baixar o ritmo, pero non importa, hai que ser constante, me plato arriba en 26 minutos, e agora ben o bo da carreira, a baixada a meta, que son uns 6 Km.

Baixada cara meta dende o alto do Pico Negro.
Como en 2013 na miña cabeza un único obxectivo, lanzarme rápido cara abaixo para tratar de adiantar ao maior número de corredores posible. Comeza o descenso e vexo que as pernas responden, van con molestias, pero nada que non se poda soportar. De camiño a Collada adianto xa a varios corredores, paro no avituallamento, bebo un vaso de auga e como un anaco de laranxa, e acto seguido como un auténtico kamikaze me tiro monte abaixo, por un zig zag entre árbores e barro comezo a adiantar corredores, e é nesta situacíon donde me atopo moi cómodo, vou sorteando pedras,barro e auga, e donde moitos baixan o ritmo eu o acelero, tanto que pasa o de moitas veces,¡ostia ao canto contra as pedras!, me dou conta que non é nada grave, un simple golpe e un corte, me levanto e veña a dar gas cara abaixo.

 Este ano temos sorpresa na cehgada a meta, e lugar de rematar en baixada, a sorpresa está nunha costa de 200 metros na que hai que sacar forzas de donde un non as ten, pero eu vexo corredores diante e apreto para adiantar postos, con sorpresa incluída, adianto ao favorito para gañar a carreira Saúl Antonio Padua, o rapaz tivo un mal día e pinchou, pero pese a eso rematou a carreira (outros no seu lugar terían abandonado) pero el rematou e ese é un xesto que para min o fai ser máis campión do que xa é.

Entrada en meta.  Atrás de min Saúl Antonio Padua logo de un mal día para él,
 pero demostrando ser un auténtico campeón.
Pois o dito finalmente, logo de unha baixada para min bastante boa, en 27 minutos dende o Pico Negro, me planto en meta no posto 31º e baixando un minuto a marca de 2013. Baixar un minuto con repecto ao ano anterior non é para estar orgulloso, pois na edición de 2013 había moita máis neve, co cal a carreira foi máis lenta, polo tanto tería que ter baixado máis ese tempo. Xa sei que non son profesional, nin me patrocina ningunha marca (xa me gustaría a min dedicarme  a isto e ter unha marca detrás), pero a min o dorsal me gusta,e sempre trato de competir contra min mesmo, e busco mellorar e dar o meu máximo, e digo ben, o meu máximo.

Logo de rematada a carreira, unha ducha, e unha ricas cervexas e toca charlar cos compis do equipo e cos amig@s das carreiras, para logo desfrutar desa estupenda paella que se nos brinda a tod@s @s que participamos de unha forma ou outra de esta carreira. Para o ano máis e si pode ser mellor pois caralludo.

Con algúns dos compañeiros do noso equipo, logo das cervexas de rigor en Bar Changuita.

P.D.

Un pracer coñecer a xente como Rubén Gonzali,Samuel Obaya,Pablo Álvarez e Leire Fernández en persoa.
E como sempre agradecer as fotos de Leonor, Tuchi e tamén engadir a maiores a Jose Devesa de Foto Xtrem e tamén a Rubén Fueyo. Bueno en resumidas contas a todos os que estaban cas súas cámaras tirando fotos e de paso animando tamén.

lunes, 3 de febrero de 2014

VII Carreira por Montaña Canón do Sil

Últimamente tiña o meu Blog bastante abandonado, e a verdade teño cousas pendentes de publicar.
O pasado 6 de Outubro logo de correr DesafiOsOmiedo UTDS me presento en Parada do Sil para desputar a derradeira proba da Copa Galega de Carreiras de Montaña, que a súa vez era tamén campionato de España por equipos.

Pois o dito logo de sufrir a dureza dos 75 Km de Somiedo, tomar o necesario descanso, e máis ben adestrar pouco me desprazo ata Parada do Sil con tres compañeiros máis do equipo (Kike,Víctor e Óscar Lugrís) para tratar de consolidarme entre os dez primeiros clasificados da copa galega.

Cos compañeiros do Bestarruza Trinity Trail Kike,Víctor e Óscar Lugris

 Todos os amigos do monte me falaron da dureza desta proba, unha das máis duras de Galicia xunto con Chandrexa, ou a ultra do Courel. Pois todo o que me comentaron dou fé de que é ben certo, e merecida ten a fama e o coeficiente de 74 que a FEDME lle pon a esta proba.

Momentos previos a saída
Vamos ao importante. Como sempre fago en todas as carreiras cando dan a saída trato de arrancar forte e intentar ir no grupo de cabeza, e así o fago. Na primeira parte da carreira, e dicir nos primeiros dez kilómetros me manteño clasificado entre os vinte primeiros, e as sensacións son bastante boas, polo momento non me pesa o desgaste de tres semanas atras na ultra de Somiedo.

Remontando posicións no embudo do inicio
A medida que pasan os kilómetros vexo que as miñas sensacións cambian por completo, as miñas pernas cada vez están máis pesadas, e xusto no kilómetro catorce donde comeza a subida máis dura da carreira ata Cabeza de Meda que se prolonga durante oito duros kilómetros, me desinflo por completo e comezan a adiantarme unha gran cantidade de corredores, de feito paso da posición 30º a 43º no alto de Cabeza de Meda donde pregunto.

Os canóns do Sil as miñas costas
Momento de carreira onde aínda ia ben.
Non contento ca miña posición e logo de repoñer forzas no avituallamento, eu sigo ca miña teima de quedar entre os dez primeiros da Copa Galega, e é nese preciso momento donde cometo o grande erro que me xogaría unha mala pasada ao final. Como dende o alto de Cabeza de Meda ata meta só quedan uns 11 kilómetros, e sete son de baixada, me armo de valor e digo pois agora de perdidos ao río, e alá me lanzo como un animaliño costa abaixo para remontar a maior cantidade de postos posibles.

Baixada dende Cabeza de Meda
Según vai transcorrendo a baixada vou pasando a unha gran cantidade de corredores, e me volto a ver con posibilidades de entrar dentro dos top 10 da Copa Galega, de feito levo unha distancia importante con corredores dos que estaban a desputar esta posición conmigo. Pois ahí quedou a cousa, logo de recuperar moitas posicións na baixada, xa únicamente quedan tres kilómetros ata meta en subida, nese xusto momento aparece por primeira vez o tío do mazo. Así como de supeto me atopo sen forzas, de peito vou ben, pero as miñas pernas xa non responden ao que eu lles pido, estou valeiro por completo, me tomo un gel, pero simplemente por engañarme a min mesmo (sei de sobras que non me vai facer efecto). Os derradeiros kilómetros se me fan eternos, e unha gran cantidade de corredores me superan sen eu poder facer nada. Moitos dos coñecidos me animan, pero non podo co meu corpo, o desgaste de Somiedo estaba camuflado no meu corpo, e apareceu no momento menos axeitado, pero isto forma parte das carreiras. Cando xa tan só queda un kilómetro para chegar a meta me da alcance a que sería a gañadora en categoría feminina Beatriz Real do Cuenca Dolomia, que me anima a que corra con ela, o fixo con toda a súa boa intención, pero a min xa non me queda nada no corpo, de feito en menos de un kilómetro me saca tres minutos.
Momento no que me supera a gañadora en categoria SNF
Pois o dito, ao final entrei en meta no posto 48º da xeral e no 47º da categoría SNM cun tempo de 3:54:47.

Entrando en meta vacío por completo
De esta carreira a pesar de todo fixen unha lectura positiva, ao corpo temos que darlle o descanso preciso entre unha ultra e outra carreira, pois o desgaste está ahí acumulado. E tamén as veces hai que ser menos ambicioso e saber regular mellor as forzas das que un dispón, porque se ao mellor fose máis conservador ao principio tería a posibilidade de chegar con máis forza ao tramo final.

Sacando forzas de donde non había para entrar en meta correndo
Logo de todo isto decir que quedei contento. A carreira me gustou moito, polo recorrido, o ambiente a xente, e por coñecer o Reitoral de Chandrexa onde fixen noite o víspera e comín coma un Pepe. Por certo hai algo que si fixen ben, e que entraba dentro das miñas contas, quería baixar das 4 horas e así o fixen, pero aínda con todo isto rematei finalmente no posto 12º da Copa Galega 2013.


A pesar desta imaxe destrozado por completo, a fin de semana mereceu moito a pena