sábado, 5 de octubre de 2013

I UTDS DESAFIO SOMIEDO 2013

Pois ao final é verdade que as carreiras de ultradistancia enganchan, e sobretodo se transcurren ao longo de lugares tan espectaculares como Picos de Europa ou polo parque natural de Somiedo.

Logo de todos os problemas que lles puxeron á organización para a celebración desta proba, que finalmente resolveron con un rotundo éxito, tomamos a saída as 7:00 horas do Sábado 14 de Setembro en Villar de Vildas. Nesta miña segunda carreira ultra o meu obxectivo é diferente ao que tiña na Travesera. Para esta carreira quería ver que tal respondía o meu corpo correndo máis rápido nunha proba tan longa e dura.

Son consciente de que non teño a cantidade de adestramentos suficientes, debido a que no verán entre traballo e familia foi moi complicado adestrar con regularidade. Logo de unha nova conta atrás, case sen darme conta xa estou correndo. Me meto no pelotón dos 20 corredores que iríamos detrás dos dez corredores que optaban a facerse ca victoria na UTDS.
En compaña de Jorge Diz do Xesteiras durante a subida ao Cornón.
 Dende Villar de Vildas ata o alto do Cornón que está a 2188 metros de altitude, a carreira é un ascenso continuado, con algún sitio donde se pode correr, pero ao chegar a base do Cornón non queda outra que camiñar, a montaña xa se encarga de que baixes o ritmo. Logo de atravesar lugares tan fermosos como as Brañas de Pornacal e a de Viecha, me plato no alto do Cornón en 1:50 horas. Polo momento vou moi ben de pernas, e ademáis as vistas invitan a querer seguir descubrindo as paisaxes espectaculares que están por chegar.

Comeza unha baixada de vértigo dende a cima do Cornón, que nos levará ao primeiro avituallamiento e punto de control en Puerto.

Descenso do Cornón.
A verdade que o tema dos avituallamientos é algo que hai que destacar tamén da carreira, porque non faltou de nada en ningún deles. Duarante a baixada vou adiantando corredores, e outros me adiantan a min, pero non me importa, eu vou nun ritmo cómodo.
De este tramo de carreira destacar os kilómetros compartidos con Nicolás de la Heras, un tipo de eses cos que é un gustazo compartir carreiras, e que ademáis é un auténtico fenómeno, porque foi o gañador en categoría veterán.

Chegando a Puerto en compaña de Miguel de las Heras.
Logo de repoñer forzas en Puerto, comeza unha nova subida cara o Collau Muñón. Eu manteño un ritmo bastante vivo, pero polo momento me atopo fenomenal tanto de cabeza como de pernas. Sigo tirando cara adelante, e me planto no segundo control de Valle del Lago as once en punto da mañá.
En este avituallamiento me paro un pouco máis, repoño líquidos, como ben, recollo material da mochila que enviei ao control, e cando todo está en orden,sen chegar a enfriarme, arrancamos cara unha nova meta, que será o alto da Farrapona, terceiro punto de control no kilómetro 45.

Chegando a Valle del Lago.
Preparando material para salir de Valle del Lago.
De todo o recorrido da UTDS, os kilómetros que van dende Valle del Lago ata a Farrapona son simplemente espectaculares. E un continuo sube e baixa por unha vegas enormes, e donde un se ve pequeno debaixo de tan fermosas e enormes montañas, simplemente non teño palabras para describir como se merece este tramo da carreira. Un dos lugares con máis encanto e a zona dos lagos de Saliencia. É un de eses sitios donde a cabeza deixa de pensar en correr e se pon a buscar unha pedra para poñer as cachas e comer un bocadillo de xamón,tortilla ou o que a un lle veña en gana en total rélax, pero estamos en competición, polo tanto nos quedamos ca diapositiva do lugar e veña a correr.

Lago de la Cueva.
As dúas da tarde aproximadamente chego ao control da Farrapona, e é aquí donde vai a comezar a segunda parte de esta historia. Ao chegar ao avituallamiento me atopo ben, as pernas xa notan os kilómetros pero non teño ningunha molestia. Logo do protocolario comer/beber/repoñer comeza a subida aos Bígaros. A aire de bastóns me poño a subir pouco a pouco, pero a medida que avanzo aparecen por primeira vez en unha carreira os tan molestos calambres. Nun principio parece pouca cousa, e chego ao alto do Bígaros sen ningún problema, incluso me tomo algún tempo para desfrutra dunhas vistas magníficas, e especialmente os meus ollos se van cara Peña Ubiña (a esa montaña teño que subir eu).
Me dispoño a baixar e o que parecian unhas simples molestias, de repente de transforman en un dolor moi agudo, as miñas pernas son dúas pedras, e me vexo obrigado a tirarme ao chan para estirar, pero aínda así non son quen de relazar as miñas patas. Menos mal que pasaba en ese momento un correrdor e me axuda a estirar. Consigo relaxar as pernas, pero o problema e que é unha baixada bastante pronunciada e sei que vou a sufrir. A duras penas consigo chegar a parte chan, ca esperanza de que as pernas afloxen un pouco. Nos seguintes kilómetros a miña cabeza só pensa en abandonar ao chegar ao control de Saliencia, que aínda estaba 10 kilómetros máis adiante. Durante este tramo fago firme a miña idea de retirarme, porque aínda me queda moita carreira e non estou na mellor das condicións para correr. Chego a Saliencia e comunico que me vou a retirar, pero a xente da organización e outros correrdores me aconsellan que me tome o tempo necesario e que intente chegar ao seguinte avituallamiento. Me sento, como, bebo,estiro, me sento outra vez, volta a estirar, volta a comer, e ao ver saír a todos os corredores que alí estaban nas mesmas condicións que eu, ou si cabe peores, me digo a min mesmo "botalle collóns ao tema e tira para adiante, que estás aquí para rematar esta carreira". E así foi, me levanto e me poño a trotar.

Aos poucos metros da saída me pego a un rapaz asturiano que estaba máis ou menos como eu. Imos falando todo o tempo, e así nos vamos distraendo das nosas molestias. Vou en compaña de Deivo ata o derradeiro punto de control en Valle del Lago, e durante todo este tempo pasamos por momentos de risas, momentos de dolor, e momentos de estar rematadamente cansados, pero ao final imos tirando un polo outro.

Baixando cara Arbeyales.
Co amigo Deivo recupendonos para os últimos 11 Km.
Logo de todos estes acontecementos chegamos ao derradeiro contros e tan só nos quedan 7 kilómetros para chegar a meta. Comezamos camiñando, pero pouco a pouco nos poñemos a correr, facendo xuntos case que 3 kilómetros. Deivo vai con moitas molestias, eu parece que estou bastante recuperado, polo tanto manteño un ritmo e me vou en solitario. Chega ese momento de carreira donde só pensas en chegar a meta, polo tanto correr tanto como o teu corpo che deixa. Desaparecen todas as molestias e xa comezo a escoitar a toda a xente que hai na meta. Acelero o meu ritmo e entro en meta correndo como se estivese moi fresco.

A familia sempre presente.
Entrada en meta.

Adicado para as miñas fillas e a miña muller.
Por fin estou en meta, logo de 12:30:18 horas chegando no posto 51º da clasificación xeral, e 35º en categoría senior.
 A sensación que se produce chegado este momento, pese a sufrir moito, é moi placentera. Se che pon unha sonrisa na cara como a de un neno pequeno, e por dentro estas exultante, cheo por completo, sabes que o que acabas de facer foi duro, pero ahí estás ti, finisher da primeira edición da UTDS Desafio Somiedo.

Finisher da UTDS Desafio Somiedo.