lunes, 3 de febrero de 2014

VII Carreira por Montaña Canón do Sil

Últimamente tiña o meu Blog bastante abandonado, e a verdade teño cousas pendentes de publicar.
O pasado 6 de Outubro logo de correr DesafiOsOmiedo UTDS me presento en Parada do Sil para desputar a derradeira proba da Copa Galega de Carreiras de Montaña, que a súa vez era tamén campionato de España por equipos.

Pois o dito logo de sufrir a dureza dos 75 Km de Somiedo, tomar o necesario descanso, e máis ben adestrar pouco me desprazo ata Parada do Sil con tres compañeiros máis do equipo (Kike,Víctor e Óscar Lugrís) para tratar de consolidarme entre os dez primeiros clasificados da copa galega.

Cos compañeiros do Bestarruza Trinity Trail Kike,Víctor e Óscar Lugris

 Todos os amigos do monte me falaron da dureza desta proba, unha das máis duras de Galicia xunto con Chandrexa, ou a ultra do Courel. Pois todo o que me comentaron dou fé de que é ben certo, e merecida ten a fama e o coeficiente de 74 que a FEDME lle pon a esta proba.

Momentos previos a saída
Vamos ao importante. Como sempre fago en todas as carreiras cando dan a saída trato de arrancar forte e intentar ir no grupo de cabeza, e así o fago. Na primeira parte da carreira, e dicir nos primeiros dez kilómetros me manteño clasificado entre os vinte primeiros, e as sensacións son bastante boas, polo momento non me pesa o desgaste de tres semanas atras na ultra de Somiedo.

Remontando posicións no embudo do inicio
A medida que pasan os kilómetros vexo que as miñas sensacións cambian por completo, as miñas pernas cada vez están máis pesadas, e xusto no kilómetro catorce donde comeza a subida máis dura da carreira ata Cabeza de Meda que se prolonga durante oito duros kilómetros, me desinflo por completo e comezan a adiantarme unha gran cantidade de corredores, de feito paso da posición 30º a 43º no alto de Cabeza de Meda donde pregunto.

Os canóns do Sil as miñas costas
Momento de carreira onde aínda ia ben.
Non contento ca miña posición e logo de repoñer forzas no avituallamento, eu sigo ca miña teima de quedar entre os dez primeiros da Copa Galega, e é nese preciso momento donde cometo o grande erro que me xogaría unha mala pasada ao final. Como dende o alto de Cabeza de Meda ata meta só quedan uns 11 kilómetros, e sete son de baixada, me armo de valor e digo pois agora de perdidos ao río, e alá me lanzo como un animaliño costa abaixo para remontar a maior cantidade de postos posibles.

Baixada dende Cabeza de Meda
Según vai transcorrendo a baixada vou pasando a unha gran cantidade de corredores, e me volto a ver con posibilidades de entrar dentro dos top 10 da Copa Galega, de feito levo unha distancia importante con corredores dos que estaban a desputar esta posición conmigo. Pois ahí quedou a cousa, logo de recuperar moitas posicións na baixada, xa únicamente quedan tres kilómetros ata meta en subida, nese xusto momento aparece por primeira vez o tío do mazo. Así como de supeto me atopo sen forzas, de peito vou ben, pero as miñas pernas xa non responden ao que eu lles pido, estou valeiro por completo, me tomo un gel, pero simplemente por engañarme a min mesmo (sei de sobras que non me vai facer efecto). Os derradeiros kilómetros se me fan eternos, e unha gran cantidade de corredores me superan sen eu poder facer nada. Moitos dos coñecidos me animan, pero non podo co meu corpo, o desgaste de Somiedo estaba camuflado no meu corpo, e apareceu no momento menos axeitado, pero isto forma parte das carreiras. Cando xa tan só queda un kilómetro para chegar a meta me da alcance a que sería a gañadora en categoría feminina Beatriz Real do Cuenca Dolomia, que me anima a que corra con ela, o fixo con toda a súa boa intención, pero a min xa non me queda nada no corpo, de feito en menos de un kilómetro me saca tres minutos.
Momento no que me supera a gañadora en categoria SNF
Pois o dito, ao final entrei en meta no posto 48º da xeral e no 47º da categoría SNM cun tempo de 3:54:47.

Entrando en meta vacío por completo
De esta carreira a pesar de todo fixen unha lectura positiva, ao corpo temos que darlle o descanso preciso entre unha ultra e outra carreira, pois o desgaste está ahí acumulado. E tamén as veces hai que ser menos ambicioso e saber regular mellor as forzas das que un dispón, porque se ao mellor fose máis conservador ao principio tería a posibilidade de chegar con máis forza ao tramo final.

Sacando forzas de donde non había para entrar en meta correndo
Logo de todo isto decir que quedei contento. A carreira me gustou moito, polo recorrido, o ambiente a xente, e por coñecer o Reitoral de Chandrexa onde fixen noite o víspera e comín coma un Pepe. Por certo hai algo que si fixen ben, e que entraba dentro das miñas contas, quería baixar das 4 horas e así o fixen, pero aínda con todo isto rematei finalmente no posto 12º da Copa Galega 2013.


A pesar desta imaxe destrozado por completo, a fin de semana mereceu moito a pena

No hay comentarios:

Publicar un comentario