Levo toda unha vida adicada ao deporte, en concreto ao fútbol, pero cheguei a un punto onde por diferentes motivos aborrecín o chamado deporte rei, ata tomar a decisión de desvincularme por completo do que foi durante moitos anos para min o meu campo deportivo. Non me arrepinto para nada de esta decisión, todo o contrario, incluso se chego a coñecer o mundo das carreiras de montaña antes, colgaría moito antes as miñas botas.
Cambiando de tercio, falemos do que ven ao caso. Hai xa case un ano tomei a decisión acertada de involucrame de cheo no monte, e sobretodo nas carreiras de montaña, e neste ano que levo as vivencias e as experiencias ata a data foron todas positivas, e así espero que sexa durante moitos anos da miña vida, podendo desfrutar da montaña cas miñas fillas, a miña muller e tamén cos meus amigos.
Dende este ano formo parte do equipo de carreiras "Bestarruza Trinity Trail", que e resultado da unión da Asociacion de montaña e escalada Bestarruza www.bestarruza.com ca tenda de deportes Trinity http://www.trinitytriatlon.com/. Somos un equipo totalmente amater, pero que tratamos de dar o mellor de nós en cada carreira na que participamos, porque conciliar a vida laboral e familiar non nos deixa todo o tempo que de boa gana lle adicaríamos aos nosos adestramentos, pero bueno como ben di un amigo meu "o importante e pasalo ben", iso si cando un se pon o dorsal nas carreiras sempre saca o lobo que leva dentro.De aquí en adiante neste blog irei contando as miñas vivencias e todo aquilo que me chame a atención con todo o relacionado co Trail Running.
Un saúdo para tod@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario