Esta carreira, non é Copa do mundo, nin transcorre por ningunha das famosas montañas da orografía da península. O encanto de esta carreira reside na súa organización, nas súas xentes e no ambiente que se respira en este pobo do Bierzo, donde dende o primeiro ao último corred@r som@s tod@s moi ben acollid@s, como si estivesemos na nosa casa.
Falando xa da carreira se pode decir que a miña sensación particular foi agridoce. Este ano fun a carreira con menos volumen de adestramento do que eu quixera, pero tamén sei que este ano vai a costar moito máis sacar as carreiras adiante con bos resultados, un ten a vida que ten e iso non se pode cambiar.
Con moita puntualidade o amigo Lolo Díez da a saída a edición 2014 de Alto Sil. Eu como sempre trato de arrancar forte no grupo dos 20 primeiros. A carreira comeza para arriba, cun ascenso duns 3 Km aproximados ata o Alto da Chañada, en principio me atopo ben, pero pouco a pouco vou perdendo forza na subida e teño que baixar un pouco o ritmo, xa me dou conta de que hoxe as pernas para arriba lles vai a costar un mundo. Con todo isto me planto no alto da Chañada máis ou menos rápido.
Agora tocará probar como van as pernas para abaixo, afrontamos unha baixada que é moi rápida e sobretodo bastante pendente. Eu como sempre me tiro cara abaixo con confianza e ahí si que me responden as pernas, e como era de esperar adianto a moitos corredores. Unha vez abaixo e xa sin tregua afrontamos o MURO, unha costa de 400m de desnivel en un km de distancia. Collo un ritmo constante e tiro para arriba, pero outra vez a mesma sensación, me vexo floxo subindo e me pasan alguns dos corredores aos que adiantei. O máis sorprendente de todo e ver como me pasa Ana Conde (unha corredora que non coñecía), pero que está claro que non é unha calquera, e unha campeonísma (espero que unha gran marca patrocine a esta rapaza, porque é un diamente en bruto).
![]() |
Subindo "El Muro" con Salva Calvo. |
![]() |
Chegando a Páramo con Leire e Samuel. |
![]() |
Ascenso cara a Campona en compañía do gran Salvador Calvo. |
![]() |
Entrando no pobo de Primout. |
Logo de comer e beber, collo un ritmo penso que bastante vivo par as alturas de carreira nas que estamos, e trato de chegar o máis rápido posible a Braña de Santa Cruz que está a 5 Km aproximadamente.
![]() |
Saudando a amiga Leonor logo de cruzar o río na braña de Santa Cruz. |
![]() |
Baixada cara meta dende o alto do Pico Negro. |
Este ano temos sorpresa na cehgada a meta, e lugar de rematar en baixada, a sorpresa está nunha costa de 200 metros na que hai que sacar forzas de donde un non as ten, pero eu vexo corredores diante e apreto para adiantar postos, con sorpresa incluída, adianto ao favorito para gañar a carreira Saúl Antonio Padua, o rapaz tivo un mal día e pinchou, pero pese a eso rematou a carreira (outros no seu lugar terían abandonado) pero el rematou e ese é un xesto que para min o fai ser máis campión do que xa é.
![]() |
Entrada en meta. Atrás de min Saúl Antonio Padua logo de un mal día para él, pero demostrando ser un auténtico campeón. |
Logo de rematada a carreira, unha ducha, e unha ricas cervexas e toca charlar cos compis do equipo e cos amig@s das carreiras, para logo desfrutar desa estupenda paella que se nos brinda a tod@s @s que participamos de unha forma ou outra de esta carreira. Para o ano máis e si pode ser mellor pois caralludo.
![]() |
Con algúns dos compañeiros do noso equipo, logo das cervexas de rigor en Bar Changuita. |
P.D.
Un pracer coñecer a xente como Rubén Gonzali,Samuel Obaya,Pablo Álvarez e Leire Fernández en persoa.
E como sempre agradecer as fotos de Leonor, Tuchi e tamén engadir a maiores a Jose Devesa de Foto Xtrem e tamén a Rubén Fueyo. Bueno en resumidas contas a todos os que estaban cas súas cámaras tirando fotos e de paso animando tamén.