martes, 28 de mayo de 2013

DESCUBRINDO A UN GRANDE."FERNANDO ARCA CASAL"

Aínda non fai un ano que comezou a miña andanza neste mundo das carreiras de montaña, pero non hai que ser moi avispado para decatarse de que en Galicia temos un dos mellores corredores a nivel nacional.
Foi no meu debut na carreira "Km29 Vila de as Pontes" donde por primeira vez coincidín na línea de saída co que para min é a día de hoxe o mellor dos nosos corredores de montaña, Fernando Arca Casal.

Fernado Arca no Km 29 Vila Das Pontes 2012.
 Non quero menospreciar a outros moitos grandes corredores, porque aquí en Galicia temos moitos e moi bos, pero Fernando cada día que pasa non deixa de sorprendernos.
Nunha primeira ollada ti o ves e él é un rapaz como outro calquera, un tipo con cara simpática e que non se da ningunha importancia, máis ben todo o contrario trata de pasar desapercibido.É amable no trato, e si lle preguntas calquera cousa non ten o máis mínimo reparo e darche bos consellos, sobretoto de moita utilidade para os que estamos empezando. 
Arca desfrutando na carreira do Alto sil 2013.
Pero é no momento de poñerse a correr cando todos vemos ao Fernando corredor, un loitador incansable, sufridor ata o final e unha vez en carreira fai trizas aos seus contrincantes, sobretodo nesas baixadas técnicas, donde Arca marca moito as diferencias.

Monte Xalo 2013.
Pois como dicía antes, foi na Vila das Pontes onde coñecín a este verdadeiro artista, evidentemente só lle vin as cara na saída, o tipo iba como un tiro, eu ao rematar por curiosidade preguntei quen gañara a carreira, e me dixeron Arca, eu novato no mundillo, nin idea de quen era, pero aos poucos días podo ver un vídeo montaxe da carreira, e en tan só un segundo xa ves que este home está feito de outra pasta. O vídeo mostra o paso dos corredores por un punto de avituallamiento, donde todos paran a comer/beber e coller aire, pois él no, él segue cara adiante e pasa cun sorriso de orella a orella saudando a xente, a min este xesto xa me indicou moitas cousas.
Logo das pontes a segunda carreira e o maratón máis popular de Galicia "Penedos do Lobo", pois aquí outra sorpresa máis. Foi unha carreira dura, por recorrido e a calor que facía, e a este home se lle xuntaron os problemas pois toda a carreira foi moi mal do estómago, pero a pesar de todo gañou a carreira con solvencia. Logo viñeron Triacastela, o Alto Sil en León, Montes de Viveiro, Monte Xalo e a San Mamede, e en todas estas probas ahí estaba él sempre nos postos de podium.

Entrando en meta en Penedos do Lobo 2012.
Así ata o día de hoxe,podería contar máis cousas sobre este artista, pero non quero facer unha redacción de carreiras, a miña intención e simplemente facer mención de un home que coma ti e coma min, ten un traballo normal, unha vida normal, non ten adestrador,nin fisios ou recuperadores para él só, nin tampouco está patrocinado por ningunha gran marca. 

Podium no Alto Sil 2011 con Miguel Heras e Iker Karrera.
O caso é que él compite con xente de clase mundial e está a súa altura, de feito esta fin de semana en Zegama quedou demostrado que aos seus,penso que 42 anos, da a talla con xente moito máis nova que non son quen de sacarlle as cores a este crack das carreiras de montaña, e quedou no posto 12º da xeral a tan só 27 minutos do número un do mundo Kilian Jornet. ¿Qué sería de este home se comezara máis novo a correr en montaña?, quen o sabe, eu penso que sería un referente a nivel mundial, porque está feito de boa madeira, madeira galega de pura cepa.
Uns admiran a Kilian, Krupicka, Miguel Heras, Iker Karrera, e moitos máis corredores de talla mundial. Pois eu me quedo con un galego dos de toda a vida, un tipo simpático ao que admiro moito, e co que espero comaprtir moitas carreiras ao longo dos anos,¡Grande Fernando Arca!.
                                                               
Na cara de Alfredo Gil se pode ver o grande compañeiro que é Fernando.
Alto Sil 2013 con Arca.

miércoles, 22 de mayo de 2013

SEGUNDA PROBA DA COPA GALEGA DE CARREIRAS DE MONTAÑA "SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO 2013"

Este pasado Domingo tería lugar en Castro de Escuadro na provincia de Ourense, as segunda proba da Copa Galega de Carreiras de Montaña 2013.
Ata esta localidade me desplazei co meu compañeiro Kike, como únicos representantes do Bestarruza Trinity Trail en esta carreira.
Os únicos representantes do Bestarruza Trinity Trail (Kike e máis eu).
Logo de madrugar moito para chegar co tempo suficiente de retirar o dorsal e quentar un pouquiño as pernas para a carreira, puntualmente as 10:00 comezaba a proba. O percorrido sería circular cun ascenso e descenso, coronando o alto do San Mamede a 1600 metros de altitude.

Momentos previos a saída.
Ao dar a saída como sempre trato de saír forte, aos poucos metros vou detrás de Arca, Expóxito e Elpidio, pero ao chegar ao primeiro cruce collemos a dirección equivocada e case que todo o pelotón nos pasa por diante, polo tanto toca remontar posicións para tratar de coller a cabeza da carreira outra vez.

Comezo da carreira.
 Pouco a pouco vou remontando posicións, pero xa empezo a notar que as pernas non queren ir, a cabeza quere pero as perniñas van por libre no día de hoxe. Pronto me decato que non vou a poder seguir o ritmo de todos estes auténticos cracks, polo tanto busco un ritmo "cómodo",e digo ben entre comillas, porque en ningún momento da carreira me atopei todo o ben que eu quixera.

Remontando para coller a cabeza de carreira logo da equivocación.
Non quero poñer excusas, porque por todos os que corren no monte e sabido que un día malo aparece cando menos o esperas, pero eu sen darme conta penso que estaba a pagar o adestramento da fin de semana anterior en Picos de Europa e a carga extra do ximnasio durante a semana, traballo todo feito con vistas a Travesera, pero o dito non se trata de poñer motivos.
 
Momento de carreira no grupo co amigo Fito do Running sport.
Correndo ao lado de Santalla do equipo Parada do Sil.

Pois nada, unha vez me poño nun ritmo constante trato de mantelo ata o final da carreira, sufrindo moito durante o ascenso ao San Mamede, pero que ao final mereceu a pena para desfrutar dunha estampa insólita no mes de Maio, todo o cume estaba cuberto de neve, e os cinco quilometros que transcorrían pola neve foron a verdade moi divertidos a pesar de todo.

Ascenso ao San Mamede.
Unha vez paro no avituallamiento do alto comeza a baixada, e me marco como meta recuperar algunha posición, porque sei que baixando sempre o fago mellor que subindo. Pero hoxe non é un deses días nos que na baixada recupero posicións, apenas son quen de adiantar a tres corredores.

Chegando ao derradeiro Avituallamento.
Unha vez feito o descenso dende o alto do monte ven una tramo de sube e baixas ata chegar a meta, e pouco máis podo facer que arrastrar os pes. Bueno e xa para colmo, no derradeiro cruce me trabuco de camiño e dou un pequeno rodeo, volvo a tomar contacto cos corredores que ian diante de min, pero como sei que non collín o camiño axeitado os deixo pasar diante para manter as posicións nas que estábamos, o corredor que viña detrás de min de todas formas non me ia dar alcance, polo tanto este erro non modificou a clasificación. A pesar de todo ao entrar en meta lle comento o detalle a organización e aos xuizes da federación decindolles que tomen as medidas oportunas polo erro cometido (non quero eu quedar como un tramposo, porque non o son), e agardo tamén polo corredor que viña tras de min para explicarlle o detalle.
Logo de todas estas historias me planto en meta no posto 20º cun tempo de 2:28:34, non foi a miña mellor carreira, de feito ata a data foi a peor, pero bueno o pasei de carallo rodeado de bos compañeir@s de monte, e seguín sumando desnivel para o reto do ano.

Entrada en Meta.

Por outra banda quero felicitar ao Clube de Atletismo Maceda pola organización e a todas as persoas que colaboraron. A proba estivo moi ben, e o recorrido a min particularmente me gustou moito, polo que en 2014 espero repetir. Tamén dar a grazas especialmente Tuchi Fernández e Blas Rodriguez polas súas fotos, pero tamén a esa xente que non coñezo e llas pasou a xente do Clube de Atletismo de Maceda na súa páxina de Facebook.

FOTOS VARIAS DA CARREIRA



 







Saúdos a tod@s.

lunes, 13 de mayo de 2013

DEBUTANDO EN PICOS DE EUROPA

Este ano teño un obxectivo definido dende hai xa moito tempo, a "X Travesera Integral dos Picos de Europa". Pois como para correr unha proba de esta envergadura é preciso coñecer o terreo donde te vas a mover, alá me fun con un par de amigos a facer un adestramento partindo como base dende Caín.
O Venres as 19 horas saímos camiño de Caín para facer noite alí, e ao día seguinte facer un adestramento aproximado de 8 horas.
 As 23:30 nos plantamos en Caín Vavi,Alberto e máis eu. Baixamos as cousas do coche e acto seguido saudamos a xente do albergue donde pasaríamos a noite, "El Diablo de la Peña", unha xente que nos tratou moi pero que moi ben. Logo de cear toca irse a cama que pola mañá cedo ímos a poñernos en modo Travesero.
Como xa vedes no título de esta entrada, esta sería a miña primeira experiencia en Picos, pois vos podedes imaxinar cal foi a miña cara ao abrir a fiestra pola mañá e atoparme aos pes das montañas máis fermosas da peninsula, xa só podía pensar en almorzar rápido e poñerme a subir esas montaña.

Vistas dende o albergue "El Diablo de la peña".
 Pois o dito cargamos o corpo de enerxía e as 7:00 nos poñemos rumbo a Majada de Mesones dende Caín subindo pola canal de Mesones. Aos poucos minutos un xa se da de conta como son estas montañas de duras, pero a dureza é contrarestada ca beleza da paisaxe, evidentemente non puiden resistir a tentación de sacar fotos.

Beleza única
 Logo de unha hora e quince minutos aproximadamente nos plantamos na Majada de Mesones a uns 1500 metros de altitude, as vistas que nos ofrece o sitio son impresionantes, mereceu moito a pena este primeiro esforzo.

Con Alberto Castro no ascenso pola canal de Mesones.

Dandolle caña canal de Mesones arriba.

Vavi e Alberto compañeiros de luxo. As súas costas "La Majada de Mesones".

Logo de comer e beber para repoñer forzas toca baixar, pois alá imos rumbo cara Caín de novo. En 35 minutos nos plantamos de novo en Caín, e xa me quedou claro que calquera baixada que fixera nalgunha carreira de montaña anterior, nada ten que ver con baixar en alta montaña, e a outro ritmo e con moita máis atención en cada pisada, pero a verdade a desfrutei moito, sobretodo as zonas de neve.

Vistas únicas as miñas costas.

Chegamos a Caín e imos a pola segunda parte do noso adestramento, subir polo Sedo Mabro para logo enlazar ca Canal de Dobresengos para ascender ata o Hoyo Grande a uns 2100 metros de altitude. Esta ascensión sumandolle uns 400 metros máis aproximadamente, é o ascenso máis longo co que nos imos atopar na Travesera, pero ao igual que o anterior trato de coller un ritmo cómodo xunto con Vavi e Alberto e vou desfrutando/sufrindo de cada paso que dou. As vistas son únicas, fontes, rebecos, as vistas cara o río cares, a verdade que mirar para calquera sitio che deixa na mente diapositivas que non se me van a esquencer na vida. Logo de tres horas e cuarto nos plantamos no Hoyo Grande, donde facemos unha boa parada para comer e beber e tirar unhas cantas fotos.

Eu subindo polo Sedo Mabro.
 Alí arriba se respira unha tranquilidade única, é complicado describila, penso que estas cousas son máis para vivilas que para falar de elas.

Unha parada subindo a canal de Dobresengos.

No Jou Grande, e as miñas costas a "Torre de la Palanca".
Unha vez estamos cas forzas repostas toca baixar pola canal de Dobresengos ata o río Cares, o que nos levou subir tres horas e cuarto, de baixada foi unha hora e quince minutos, eso si a unha velocidade prudente e con boa letra, sobretodo nos sitios donde a neve estaba moi dura, mi madriña como desfrutei baixando, ao igual que subindo.
No Jou grande con grandes compañeiros.
 Unha vez chegamos ao rio Cares toca correr ata Caín tan só uns sete minutos de carreira, para tomar unha boa ducha e logo repostar con unha boa comida en "El Diablo de la peña". Tomarse uns ovos con chourizo,xamón,panceta,unha boa ensalada, unha xarra de cervexa e con esas vistas dos Picos de Europa non ten precio, ademáis que despois do que fixemos ben merecido o tiñamos.
Para rematar só me queda agradecer a Vavi e Alberto o darme a coñecer os Picos de Europa, non o podía facer en mellor compañía que a vosa, ademáis dende o Sábado sei que van ser moitas as veces que vos acompañe para percorrer ao seu alto e longo estas montañas, grazas.

miércoles, 1 de mayo de 2013

IV TRAVESÍA MONTE XALO.

Un Domingo máis me desplazo con varios comapñeir@s do Bestarruza Trinity Trail e un par de amigos para desputar unha nova carreira de montaña, esta vez sería a IV Travesía do monte Xalo na localidade de Castelo no concello de Culleredo.
Equipo Bestarruza Trinity Trail e amigos.
A proba se desenvolveu ao longo e alto das inmediacións do monte Xalo, facendo un percorrido de 19 quilómetros e cun desnivel acumulado de 2400 metros, tomando a saída un total de 250 coredores/as.
As 09:30 con moita puntualidade comeza a carreira, e unha vez máis alá vou a tratra de facer a mellor carreira posible.

Charla previa a saída.
Non ia eu con moi boas expectativas para esta proba, xa que durante toda a semana previa estiven cun catarro que me tiña reventado o peito, pero xa se sabe unha vez postas as zapatillas un sempre trata de facelo o mellor posible. Para a saída teño un obxectivo claro, que é saír forte detrás dos que normalmente están sempre adiante nas carreiras que se desputan por Galicia adiante. Aínda que faltaban moitos dos bos corredores que temos na nosa terra, dentro do cartel había xente da talla de Fernando Arca, Fernando Cancelo, Juan Carlos Rodriguez, Iván Brea, Javier Tourís, Adolfo Garrido, Chucho Quintáns, e outros moitos grandes corredores, polo que en principio facer unha boa posición ia ser tarefa dura.
Comeza a carreira.
Pois o dito dan a saída e ahí vou detrás de Arca,Cancelo, Juan Carlos e Javier Tourís, voulles aguantando o ritmo ata que comenzan as primeiras subidas, entón ahí a carreira vai poñendo a cada un no seu sitio. Me pasan un total de seis corredores por diante, e eu manteñome firme nesa posición.
Xa tiña cara de que me faltaba o aire.
 Os primeiros dez quilómetros para min foron un verdadeiro inferno, me costa moito respirar e o peito me arde, non son quen de coller un ritmo cómodo e vou sufrindo como un can, pero a pesar do mal que o vou pasando aguanto como podo. Chegado o quilómetro dez ou once aproximadamente, me da un ataque de tós e é nese preciso intre cando me libero do que me tiña o peito completamente agarrotado, comezo a respirar máis ou menos ben e as sensacións cambian para mellor.
 Logo de pasar esta pequena críse, comeza unha loita na que imos inmersos Chucho Quintáns, Salva Vázquez, José Manuel Gónzalez, Iván Brea e máis eu. O meu compañeiro de carreira volve a ser Iván Brea, como nas dúas probas anteriores que desputei, e a verdade que é un auténtico pracer correr ao seu lado. Iván e máis eu imos por detrás do grupo dos corredores que antes mencionei. Levamos un ritmo cómodo, e nos estamos dando conta que nas baixadas máis técnicas lles estamos a recortar a distancia.
Recortando nas baixadas.
 Nos tramos de subida e de llanear imos mantendo un ritmo vivo para non perder contacto con eles, para tratar de collelos antes da derradeira subida e así logo na baixada ata meta intentar poñer algo de terra de por medio con eles. Finalmente a nosa pequena estratexia funciona, na subida que nos conduciría ao alto das antenas donde está o último dos avituallamientos lles damos caza.

Derradeira subida.
 Eu paro a beber e tomar un xel no avituallamiento, o resto de corredores apenas toman un vaso de auga a carreira. Chega a baixada e como eu sei que é donde vou mellor marco un ritmo forte. Iván colle a cabeza e eu vou detrás de Quintáns, Salva e José Manuel, pero cando chega a parte máis rápida e técnica da baixada son quen de adiantarlle aos tres e intentar coller tamén a Iván.

Preparando a baixada a meta.
Pasado menos de un quilómetro logo de adiantar aos tres corredores tomo outra vez contacto con Iván, e como gran compañeiro que é me facilita o paso na baixada e me da ánimos para que siga baixando rápido, todo un auténtico exemplo de compeñeirismo e deportividade o amigo Iván Brea, que ao igual que eu viña arrastrando unha pequena gripe durante toda a semana. Como estaba decindo, adianto a Iván e xa encaro en solitario os derradeiros quilómetros que me va a levar a meta.
Ao final me planto na chegada en cuarta posición cun tempo de 1:55:09, a pesar de non entrar en primeiro,segundo ou terceiro lugar, para min esta carreira foi unha auténtica victoria.

Non me quero esquencer de agradecer o traballo tan magnífico que fixo a organización de esta carreira, un dez tanto na marcaxe como nos avituallamientos e nese churrasco final. Tamén mención especial para tod@s os fotógraf@s que estaban colocados ao longo do recorrido, en especial a Leonor Sánchez do Clube de Montaña Xesteiras, porque é unha habitual neste tipo de carreiras.